As peaxes da AP-9 arrancan o ano cun aumento do 5´3% | Loito en Oroso polo atropelo dun mozo en fin de ano | 2025, Ano Castelao
02/01/2025 00:25:03Viaxar entre Ferrol e Tui pola Autoestrada sae xa a 26 euros con 85. E o resultado da suba das peaxes da AP-9, que entra en vigor con novo ano. Un incremento de máis do 5 por cento, e que chega ata o nove por cento en tramos de maior afluencia como o de Vigo-Redondela| No concello de Oroso cerca de Santiago, emotivo acto de adeus a Nicolás Sánchez, o mozo de 18 anos falecido ao ser atropelado por un autobús, á saída dunha festa de celebración de fin de ano. Ao parecer, o condutor manobraba marcha atrás sen chegar o a percatarse do accidente. A garda Civil lembra da necesidade de precaución ante os vehículos pesados | O sector marisqueiro pecha 2024 como ano coa menor facturación dende que hai rexistos. As profesionais atribúen a elevada mortandade de bivalvos debida ás riadas, o descenso da salinidade e ao aumento da temperatura da auga. A Ría de Pontevedra é a máis afectada e din que levará anos recuperar a normalidade | O 2025 que comenza foi declarado pola Xunta Ano Castelao, para conmemorar o 75 aniversario da morte, en Bos Aires, do escritor, artista e político rianxeiro. Unha figura irrepetible na nosa historia que será lembrada en exposicións e actividades. Os seus restos permanecen no Panteón de Galegos Ilustres e a maior parte do seu legado é custodiado no Museo de Pontevedra
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado