Protestas estudantís pola vivenda | Galicia perde 7.000 postos de traballo en setembro | Iniciativa contra os casos de violencia machista no cine
02/10/2024 00:25:03Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda. A de hoxe é unha xornada de folga convocada pola organización Erguer. As principais exixencias: máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | O paro rexistrado experimenta unha subida de más de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000. É un incremento moi superior a media de toda España neste período. Ainda sí en comparación co mesmo mes do ano pasado hai case dez mil parados menos na nosa comunidade | A Xunta prevé que a comercializadora de enerxía renovable que promove, coa colaboración de empresas privadas, inicie as súas operacións o ano que vén. Ofrecerá descontos do 50 por cento respecto ao prezo medio do mercado a proxectos industriais e aos veciños de zonas afectadas pola instatalación de parques eólicos | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura. Crearase unha unidade de prevención que se dedicará a xestionar, de maneira anónima e confidencial, as denuncias das vítimas. Tamén elaborará programas educativos
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado