Ana Pontón renovada a fronte do BNG | Sorpresa pola marcha de Carlos Tavares da dirección de Stellantis | Cociña para maiores con chefs Michelin
02/12/2024 00:25:02Ana Pontón, aposta por conseguir un goberno nacionalista na Xunta, tralas próximas eleccións autonómicas, despois de ser reelexida con algo máis do 84 por cento dos apoios na Asamblea Nacional do BNG. A sua lista consigue 16 representantes na nova executiva, mentres a candidatura Arredista de NOa Presas faise con dous, e un vai para a de Gustavo Barcia | O grupo Stellantis designará un novo Conselleiro delegado despois de aceptar a renuncia, por sorpresa, de Carlos Tavares. O principal executivo do grupo tiña contrato ata 2026 pero a súa saída acelerouse nun momento de caída da rendabilidade, e no que o sector debe afrontar dificultades pola competencia das marcas chinesas. O presidente da Xunta amosaba a sua inquedanza | O número de persoas afectadas polo VIH mantense estancado en Galicia por riba dos 6.000, dende hai unha década. Os expertos destacan a dificultade de baixar a cifra, anque os novos tratamentos permiten que os afectados podan facer unha vida prácticamente normal | Cociñeiros con estrelas michelin ensinan a personas maiores de 60 anos que viven soas a facer un menú completo con alimentos sinxelos. E unha iniciativa posta en marcha en distintas cidades pola Fundación de Axuda a Maiores. Consello para para cociñar rápido, con baixo presuposto e de xeito saudable
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado