Cambios nas Cabalgatas polas previsións de mal tempo | Comercios cheos en busca de agasallos de reis | O ano remata con 10.000 parados menos
03/01/2025 00:25:01A Cabalgata de Reis de Vigo será este ano estática, con Melchor Gaspar e Baltasar sentados nos tronos dentro do recinto do IFEVI. Así o decidíu o concello ante a previsión de mal tempo na tarde do día 5. Na Coruña manterase o desfile na rúa na véspera de reis, anque varia o percorrido previsto. As previsións meteorolóxicas levan Noutros casos, como o de Santiago, a adiántar ao sábado a chegada das suas maxestades de oriente | Xornada hoxe de Comercios cheos para escoller os últimos agasallos. Os Reis e os seus axudantes apuran esta fin de semana, antes da gran noite da ilusión para pequenos e maiores. De momento e a hora das peticións, hainas -como non- para todolos gustos | O ano remata cunha baixada do paro en máis de 10.000 persoas na nosa comunidade. As afiliacións á seguridade social medran ata supear o millón de traballadores, Os servizos son o sector que crea máis empregos. A Xunta destaca que Galicia e a comunidade de maior crecemento económico dende 2009 | Foi o primeiro autor en empregar o idioma galego nun traballo científico. Eloy Luis André estudou a principios do século XIX as ondas melódicas de diferentes linguas, mediante imaxes das ondas acústicas obtidas cun fonoautógrafo. Un traballo que realizou no laboratorio máis avanzado da época en Alemania, e que a Biblioteca de Verín pon agora en valor.
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado