O alcalde de Vigo, Abel Caballero insiste en culpar directamente ao lider de AGE, Xosé Manuel Beiras, do atraso na aprobación polo Parlamento Galego, da modificación legal que permitirá a ampliación da planta de Citroen // O PSdeGPSOE pide a o cesamento do concelleiro de igualdade e tenente de alcalde de Moraña, do Partido Popular, por incluir na súa páxina de Facebook un comentario no que lle chamaba "mala zorra" á Presidenta da Deputación, Carmela Silva. O Presidente do PP Galego, Núñez Feijóo calificou a conducta do edil de inadmisible e di que tén que pedir disculpas // Investigan o intento de recualificación presuntamente irregular dos arredores do campo de golf de Lugo para construir unha urbanización. A xuíza Pilar de Lara acaba de reactivar a investigación e cita a declarar a 25 testemuñas. 03/02/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano