Ondas de máis de 11 metros e ventos costeiros superiores aos 140 km/h. Son os efectos dun novo temporal que mantén hoxe decretada a alerta vermella en toda a costa e mantén a maioría da flota amarrada // Recuperado, no porto coruñés de Sada, o corpo dunha muller falecida ao caer á auga no interior do seu coche que se precipitou dende o peirao, a primeira hora da mañá. Os buzos da Garda Civil tiveron que traballar durante varias horas para localizala e lograr recuperar do mar o turismo e os restos da vítima // Presentada nos xulgados de Pontevedra a proposta de convenio para tentar evitar a liquidación de Pescanova. Un plan promovido pola cervexeira Damm, o fondo Luxempart e os bancos acreedores que aceptan unha quita de entre o 60 e o 70 por cento e participan nunha inxeccion de capital de 250 millóns de euros. 03/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano