Galicia ten hoxe 1.453 parados menos que hai un mes. Agora hai rexistrados nas oficinas de emprego 257 mil desempregados. O paro baixou, na nosa comunidade, durante o mes de febreiro, o 0.56%, unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde o descenso foi do 0.3 // Os operarios dunha empresa especializada en traballos en altura empezaron a descolgarse dende o alto dos piares da ponte de Rande para inspeccionar o estado dos cabos metálicos que sosteñen a plataforma. Preparan a súa ampliación, que custará máis de 140 millóns de euros // O goberno galego premia aos concellos que comparten servizos. A rede de atención temperá de Ordes, a mancomunidade Terra de Celanova e os 21 concellos do consorcio de Turismo Ribeira Sacra figuran entre os distinguidos cos premios COOPERA entregados hoxe. 03/03/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano