Listos os exames para a Ebau | Piloto vigués falecido nun festival acrobático en Portugal | Ponteareas celebra o Corpus como Ben de Interese Cultural
03/06/2024 00:23:13As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano. 13.000 estudantes están convocados en Galicia, á avaliación para o acceso á Universidade que será a última co formato flexible implantado a raíz da pandemia | Un piloto vigués faleceu onte á tarde cando participaba neste festival acrobático, en Portugal. Manuel Rey coñecido como Coco, era piloto comercial, tiña 62 anos e 25 de experiencia en acrobacias aéreas | O Corpus volveu encher este domingo de alfombras florais algunhas vilas galegas, coma Ponteareas, onde se congregaron milleiros de visitantes. Foi o primeiro Corpus na vila declarado Ben de Interese Cultural
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado