Dous afogados no encoro de Belesar| Vigo súmase ao freo ásvivendas turísticas | Médicos voluntarios para cubrir vacantes en verán
03/07/2024 00:24:12Atopado no encoro de Belesar o cadaver do mozo ao que se lle perdera o rastro cando pescaba xunto a un compañeiro. Os equipos da Garda Civil recuperan tamén nese encoro o corpo sen vida do bañista de 58 anos, que desaparecera en Taboada, tras saltar dende o pantalán do Club Náutico |O concello de Vigo suma medidas para frear a proliferación de pisos turísticos, coa retirada de axudas á rehabilitación de vivendas baleiras que vaian ser destinadas a esa actividade. No conxunto de Galicia, as vivendas turísticas aumentaron un 21 por cento no último ano|Comeza a funcionar o programa do Sergas para cubrir con Médicos voluntarios as vacantes de persoal durante as vacacións. Algúns facultativos duplican xornada en centros de saúde, como o de Xunqueira de Ambía, en Ourense | Noutro tempo serviron de peza central das celebración populares. Son os palcos da música, que en moitos casos permanecen agora no abandono. Un proxecto impulsado polo CSIC pretende catalogalos para recuperar a súa memoria e darlles unha segunda vida como espazo para actividades culturais. 03-07-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado