Desarticulada unha banda que extraía ameixa ilegal | O paro baixa en 470 persoas | 2024 e o ano con menos incendios da última década
03/12/2024 00:25:02Desarticulada pola policía nacional unha organización adicada a extraer ilegalmente ameixa da Ría de Ferrol. Os axentes retiraron unha tonelada de molusco non apto para o consumo humano. Un ano de traballo de investigación que remata con 14 persoas detidas, unha delas de nacionalidade portuguesa. Pasaron xa a disposición xudicial | Novembro remata con catrocentas setenta persoas menos no paro na nosa comunidade. Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo, o desemprego baixa especialmente nos sectores da construcción e os servizos, onde se inclúe a hostelería. No último ano o descenso é do sete por cento e concéntrase sobre todo nos maiores de 45 anos | O número de incendios forestais rexistrados ao longo de 2024 é o máis baixo dos últimos dez anos. Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, en total foron 105 os incendios contabilizados, que queimaron algo máis de 2.600 hectareas. Delas, 1.800 corresponden ao período de alto risco, entre xullo e setembro, e supón a menor superficie de toda a serie histórica | No día internacional das Persoas con discapacidade, achegámonos ao Club Atlos de Ourense, ao que pertencen os catro xogadores galegos cos que conta a selección española de parabádminton. Un deporte que está a medrar en popularidade entre as persoas con diversidade funcional. Eles din que practicalo cambioulles a vida e aspiran a participar nos próximos xogos paralímpicos
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado