O paro baixou en Galicia en 6.700 persoas o pasado mes de maio, un dous coma catro por cento ,unha evolución algo mellor que na media de España. O número de desempregados rexistrados na nosa comunidade é agora de algo máis de 263 mil.
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, asegura que a gobernabilidade do municipio está garantida, logo da renuncia dos sete concelleiros do Partido Popular, inhabilitados por unha sentencia xudicial, por ter aprobado que o concello lle pagara o abogado a un compañeiro imputado. Os afectados anunciaron que van recorrer a sentenza ante a Audiencia Provincial da Coruña
Trinta e dúas persoas faleceron no que vai de ano en accidentes de tráfico en Galicia. Son seis vítimas menos que nos primeiros cinco meses de 2013 .
Para evitar accidentes, a Dirección Xeral de Tráfico intensifica, ata ao domingo, os controis de alcol e drogas nas estradas galegas. O 43% dos conductores falecidos o ano pasado superaban a taxa permitida (03/06/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano