Medra a incidencia da gripe e xa se nota nunha maior afluencia de pacientes ás urxencias, sobre todo nas provincias de Lugo e A Coruña, onde empezou a estenderse, este ano, o andazo. A maior incidencia agárdase para os próximos días pero os especialistas calculan que vai ser menos virulenta que en anos anteriores // A Xunta aproba o plan de seguridade viaria para os proximos 5 anos, co obxectivo de reducir as mortes en accidentes de trafico. Ademais, anuncia unha nova oferta publica de emprego, de 448 prazas: 146 para servizos sociais, 124 pra prevencion e extincion de incendios e 22 de especialistas en seguridade e saude no traballo // O Celta está xa en Sevilla para o partido de ida das semifinais da Copa que disputarán a partir das oito e media da noite. 04/02/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano