Algo máis de 13.000 alumnos comezan as probas da ABAU en Galicia, repartidos en 36 centros dunha decena de localidades, entre elas na facultade de...
04/06/2024 00:23:42Algo máis de 13.000 alumnos comezan as probas da ABAU en Galicia, repartidos en 36 centros dunha decena de localidades, entre elas na facultade de ciencias da comunicación de Santiago | O paro rexistrado marca no mes de maio un novo mínimo histórico: un total de 122.000 persoas sen emprego na nosa comunidade. Son 4.300 menos que o mes anterior, mentres o número de afiliacións aumentou en 9.000, grazas ao forte tirón do sector servizos, especialmente a hostalaría | Comenza en Lugo o xuízo da Operación Carioca, logo de 16 anos, da macroinvestigación instruida pola xuiza Pilar de Lara. Os procesados son dous gardas civis, agora retirados, e tres homes acusados de proxenetismo, catro deles chegaron a acordos coa fiscalía para ser condenados a penas menores | A Produtora de longametraxes como O Corno ou Matria, María Zamora, galardoada co premio nacional de cinematografía deste ano. Un recoñecemento que suma aos obtidos nos festivais de San Sebastián, Berlín, e os Goya. Celebrao en Vigo, onde traballa nas localizacións da próxima película de Carla Simón. O Xurado destaca a sua aposta polas obras arriscadas e independentes |
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado