Arde un pesqueiro en Camariñas | Vendima adiantada nas Rías Baixas | Os 500 novos profesores de infantil e primaria
04/09/2024 00:25:00Un incendio calcinou e afundiu un pesqueiro de 14 metros en Camariñas. A Xunta activou o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña, para controlar unha posible vertedura. Investíganse as causas dun lume que non provocou feridos | A vendima xa está en marcha, algo adiantada respecto a outros anos. Estes días está comezado nalgunhas adegas. Na denominación de orixe Rías Baixas agardan recoller máis de corenta millóns de quilos de uva | O curso escolar comeza en Galicia dentro dunha semana e hoxe coñecemos aos profesores que se van estrear na actividade docente en infantil e primaria. Son 500 mestres novos. Case todos naceron xa no século 21 e medraron nunha sociedade dixital | Camiño Escena Norte, un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas do norte da Península. En Galicia percorrerán 13 localidades
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado