Nova edición do Bono Comercio no Nadal | Malestar nos hoteis polo rexistro de viaxeiros | Máis de cen quitaneves para o plan invernal de estradas
04/12/2024 00:25:04O Bono Comercio terá una nova edición para o nadal. A Xunta reactívao a partir do luns, cunha dotación de dous millóns e medio de euros, logo de que a edición anterior, a principios de novembro, quedase esgotada en so dous días. As persoas que non puideron utilizalo daquela, poderán facelo agora, sen ter que descargalo de novo | Malestar entre os responsables dos establecementos hoteleiros ante a obriga de incluir novos datos persoais no rexistro de viaxeiros, como a relación de parentesco. Din que supón máis burocracia e menos privacidade. Os usuarios, en cambio, din que apenas están a notar a diferenza | Máis de Cen máquinas quitaneves, e preto de vinte toneladas de sal forman parte do dispositivo do plan invernal de estradas, que abangue máis de 2.000 quilómetros en Galicia. As intervencións levaranse a cabo seguindo as alertas da Aemet en portos de montaña e durante as nevadas en cotas baixas | A Unión Europea acordou rebaixar a protección do lobo, que pasará de estar estrictamente protexido a simplemente protexido. En Galicia a Xunta reclama que eso supoña tamén un cambio de lexislación no noso país. O goberno central, polo momento, di que manterá a especie na listaxe de protección especial
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado