A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria. Os cursos nos que se vai a aplicar a nova lei de educación contempla máis horas de matemáticas, dúas máis a semana e máis tempo a libre disposición dos centros. Tamén aprobou unha liña de avais de 24 millóns de euros para as empresas do naval // 7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul". En total ofertábanse 8.800 prazas pero sobre todo nas das cidades moitas coma esta de Ourense teñen aínda unha longa lista de espera // Os inspectores de facenda propoñen que datos da declaración da renda dos cidadáns sexan públicos, como xa sucede cos dos políticos, logo da lei de transparencia. Tamén piden a creación dunha oficina de loita contra a corrupción, dependente da axencia tributaria e con atribucións policiais. 04/09/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano