Abanca triplica o seu beneficio en 2023 | Protesta do persoal da UCI de Ourense| Cancelacións e atrasos pola néboa en Alvedro
05/02/2024 00:21:56Abanca triplicou o seu beneficio durante o ano pasado, con 711 millóns de euros. Pechou o ano coa compra do portugués Eurobic, co que a entidade galega se converte na sétima tanto en España como en Portugal. | Protesta do persoal da UCI de Ourense, que denuncia fallos estruturais no espazo onde traballan e reclama máis contratacións para garantir a calidade asistencial. Agora, din, tocan a case tres doentes por enfermeira | A neboa provoca a cancelación de tres voos no aeroporto coruñés de Alvedro. Outros cinco foron desviados a Santiago |O Celta amosa, esta vez sí, solidez defensiva e vence a Osasuna por un contundente 0 a 3 na súa visita ao Sadar. Fixoo cunha gran actuación de Strand Larsen, que en menos dun minuto anotou o primeiro tanto e asistiu a Luca de la Torre no segundo. O equipo de Rafa Benitez sitúase tres puntos por enriba do descenso.
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano