Prisión por roubar un coche cun neno dentro | Navantia quere apostar polo hidróxeno verde | Escaneado de iris a cambio de criptomoedas, na Coruña
05/03/2024 00:24:02Enviado a prisión sen fianza o home detido por roubar unha furgoneta cun bebé de dous anos dentro. O rapaz está ben pero a súa desaparición durante hora e media mantivo en máxima alerta a localidade de Tui | A planta de turbinas de Navantia, en Ferrol, prepárase para un novo reto: construir electrolizadores, necesarios para fabricar hidróxeno verde. Barállase final de ano coma data para iniciar este proxecto que contriburiá ao proceso de descarbonización | A taxa de actividade feminina é en Galicia oito puntos inferior á masculina. Na semana do 8M, os sindicatos Comisións Obreiras e UGT destacan que o principal freo para o acceso e a promoción das mulleres no mundo laboral e a falla de corresponsabilidade nas tarefas do fogar | Deixarse escanear o iris a cambio dunha cantidade de criptomoedas equivalente a 80 euros. É o que milleiros de usuarios fixeron xa nun centro comercial da Coruña, por iniciativa dunha compañia de Intelixencia Artificial. A Axencia Española de Protección de Datos alerta do risco de ceder datos biométricos
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado