Telexornal - Galicia - Programa informativo en RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 05-07-2024

Primeiro cheo do verán nas Illas Cíes | Debate sobre a taxa turística en Santiago |Plan de choque contra a velutina | Feira de Artesanía en Agolada.

05/07/2024 00:25:01
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2 05-07-2024 Telexornal Galicia 2 05-07-2024
Telexornal Galicia 2 05-07-2024 00:25:01 05/07/2024
Recomendado para todos los públicos Sub
Sinopsis

Os viaxeiros embarcan no catamarán ás Illas Cíes, que rexistran o primeiro cheo da temporada de verán, ao esgotar o cupo disponible de 1.800 prazas diarias.... As reservas solicítanse cada vez con máis antelación, e xa está completa algunha das fins de semana de agosto. No espazo natural seguen os traballos para eliminar especies invasoras como o eucalipto| Ataxa turística que pretende implantar o concello de Santiago suscita diferentes reaccións entre os sectores afectados. Os visitantes, en xeral, din que a medida, que suporía cobrar entre un e dous euros e medio por día de estancia, non cambiaría os seusplans de coñecer a cidade. O Cluster que representa as empresas turísticas amosa, en cambio, a sua oposición frontal|O Plan de Choche contra a avespa velutina deixa un saldo de 113 mil raíñas capturadas en toda Galicia no que vai de ano. Segundo o balance feito público pola Xunta, os avisos recibidos durante os últimos seis meses descenderon nun 60 por cento, ao evitarse a formación de niños primarios. Durante o ano pasado foron retirados uns 30 mil avespeiros de velutinas | Artesáns de toda Galicia danse cita no entorno dos Pendellos de Agolada, un conxunto histórico artístico onde comenza unha das máis importantes feirasmáis para o sector. O obxectivo dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e a sinerxia entre as distintas disciplinas, dende a ourivería, a alfarería, ou a cerámica, ata a elaboración de instrumentos musicais ou xoguetes. 05-07-2024

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesiblidad
Subtitulado