Lume no parque do Xurés | Rescatar a AP-9 costaría 2.600 millóns | Falta de persoal na vendima do Salnés | Arte e Ciencia, conectados
05/09/2024 00:24:44Os medios aéreos intensifican a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra, entre os concellos de Entrimo e Lobeira. É un dos maiores incendios do que vai de verán, iniciado o martes en Portugal. Segue tamén activo o lume en Crecente, onde foi solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias | a Xunta rebaixa á practicamente a metade as cifras aportadas polo ministro Oscar Puente sobre o custe que suporía rescatar a Ap9. colas A operación non superaría os 2.335 millóns de euros, que habería que pagar á empresa concesionaria, e non os 4.000 dos que falou o ministro, segundo un informe aportado hoxe pola conselleira de Infraestructuras. A transferencia das competencias da Autoestrada á Xunta suporía, segundo este estudo, uns 500 millóns de euros para as arcas do Estado | Arranca a vendima no Salnés, na Denominación de Orixe das Rías Baixas, con dificultades para atopar man de obra dispoñible, sobre todo para as grandes adegas industriais. Mentres, as explotacións máis pequenas botan man de familiares, amigos e vecinos | Poñer en relación dous mundos aparentemente separados como son o da ciencia e o da Creación artística.(colas) É o propósito dunha actividade organizada dentro do congreso de bioquímica e bioloxía molecular que se celebra na Coruña. A investigadora Diana Guallar comparte escenario coas Fillas de Cassandra,e poñen de manifesto as concexións entre os coñecementos sobre o ADN e a música de raíz
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado