200 policías galegos para axudar en Valencia | O paro sube en 1.200 pesoas en outubro | Novos descobrementos na cova máis profunda de Galicia
05/11/2024 00:24:01Un novo continxente, composto por 200 efectivos da Policía Nacional, súmase á axuda enviada dende Galicia cara a Valencia, para colaborar na zona devastada pola DINA. Alí, os afectados reclaman máis medios humanos e maquinaria, pero polo momento non necesitan produtos como alimentos ou roupa | Galicia perdeu case 2.500 empregos en outubro, e o paro rexistrado subiu en 1.200 persoas, coincidindo coa fin da temporada turística. Os datos feitos públicos hoxe son considerados, de todos xeitos, os mellores nese mes dende hai 17 anos | O persoal das residencias privadas comeza en Pontevedra a mobilización pola mellora do seu convenio. No Día Internacional dedicado aso coidadores de persoas maiores, denuncian unhas condicións laborais moi inferiores as do sector público, con retribucións por debaixo do salario mínimo | A cova máis profunda de Galicia e a Sima das Aradelas, nas montañas do Courel, en Lugo. Ata hai poco apenas se coñecían uns 200 metros de cavidade pero as últimas exploracións descubriron máis de dous quilómetros de novas galerías
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado