Os desperfectos causados polos temporais seguen a ser visibles. En Pontevedra, o acceso a Cangas dende a autovía do Morrazo, indo dende Vigo seguía esta mañá cortado debido ao desprendemento do valo lateral sobre a calzada, a causa das intensas choivas // Unha cuña anticiclónica exercerá a partir de agora, de barreira para deter as novas borrascas que se acheguen. Os próximos días disfrutaremos, segundo as prediccións de Meteogalicia, do sol e de temperaturas agradables // A Xunta asegura que as medidas aplicadas permiten ás familias, empresas e administracións galegas, aforrar 81 millóns de euros anuais na factura enerxética. Di que, nos últimos cinco anos se levan aplicado, nas industrias galegas, máis de 600 proxectos para este aforro. 05/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano