Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. En terra o vento sopra con forza e xa superaron os 150 km por hora. A cicloxénese Qumaira barre hoxe toda a comunidade pero de momento sen causar grandes estragos // A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar. Unha boa parte dos barcos pesqueiros levan así dous meses, nos que só ao abrigo das rías foi posible faenar, e non todos os días. Unha inactividade que fai escasear o peixe nos mercados e aumentar moito os prezos // A Audiencia Nacional ordena o inmediato ingreso en prisión de Laureano Oubiña, en libertade dende o pasado 17 de xullo, pese a que xa é firme a condena de 4 anos de prisión que lle foi imposta por un delicto de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico. 06/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano