Morre unha muller nun incendio en Bergondo | A limpeza dos gránulos custou 2´3 millóns | Record de prazas vacantes en infantil e primaria
06/03/2024 00:25:01O lume cóbrase a vida dunha muller nunha vivenda de Bergondo. A vítima mortal estaba enferma na cama, sen posibilidade de moverse. Os bombeiros puideron rescatar ilesas a outras tres persoas | A Xunta anuncia que recorrerá aos tribunais para pedirlle ao goberno que reclame os 2 millóns 300 mil euros que custou a limpeza dos gránulos de plástico do mercante Toconao. O operativo de limpeza recolleu cinco toneladas de gránulos e 20 doutros residuos plásticos | Nove de cada dez homes están de acordo en que os comportamentos machistas deben ser recriminados. Así o indica unha enquisa dos CIS que sen embargo, eleva a máis do 40 por cento os varóns que cren que debido ás políticas de igualdade agora son eles os discriminados | O período de matriculacións para o próximo curso remata con récord de vacantes nos centros escolares de infantil e primaria. En Vigo, a cidade máis poboada, ningún centro público chegou a cubrir todas as prazas dispoñibles. A comunidade educativa, preocupada polos efectos da caída da natalidade, aboga por introducir cambios no sistema |
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano