Preocupación polo futuro de Navantia de Ferrol, logo de que a Unión Europea aclarase que non se poderán usar axudas públicas estatais, para a construcción do dique flotante. Os grupos da oposición pídenlle a Navantia e ao Goberno Central que reformule o proxecto. A Xunta di que os estaleiros ferroláns, teñen carga de traballo, por valor do dobre, do presuposto do dique.
O Instituto Galego de consumo, anima a presentar reclamacións polos atascos, nas peaxes da autoestrada do Atlántico.
A paxina web do Instituto informa de como facer as reclamacións e ofrece os formularios para inicialas.
Varios milleiros de mozos, procedentes de toda España, lembran en Santiago a Xornada Mundial da Xuventude de hai 25 anos, que presidira, daquela ,o papa Xoán Paulo Segundo. Trouxera ata ó monte do gozo a milleiros de cristiáns de todo o mundo. (06/08/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano