Comenza o curso nas escolas infantís | As choivas facilitan a extinción dos incendios | Protesta para reclamar a recollida de uva na Ribeira Sacra |
06/09/2024 00:12:02Os pequenos de 0 a 3 anos son os primeiros en incorporarse ás aulas. Comeza o curso nas máis 550 escolas infantís galegas, un ensino xa gratuíto tanto nas públicas como nas privadas. En moitos centros, os pais acompañan hoxe aos peques dentro das aulas para que se vaian familiarizando coa escola | Centos de viticultores reclaman, en Monforte, que se garanta a recollida da uva, logo de que algunhas grandes adegas da Ribeira Sacra anunciaran que non mercará esta colleita. Os sindicatos agrarios consideran insuficientes as axudas propostas pola Xunta | A chegada das choivas vai favorecer os traballos de extinción dos incendios forestais que xa están a piques de quedar controlados. Os que afectan aos concellos de Crecente, Entrimo e Oímbra, este xa controlado, calcinaron máis de 500 hectáreas | A Orquestra Sinfónica de RTVE dirixida por José Luís López Antón ofrece esta tarde un concerto en Tui, no festival transfronteirizo Ikfem. Unha viaxe ibérica con compositores pouco coñecidos e a pianista portuguesa Marta Meneses
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado