Vigo anuncia o seu nadal por todo o mundo | Galicia alerta das inundacións con tres días de antelación | Bica, primeiro can de palleiro policía
06/11/2024 00:25:04Presentados os carteis en varios idiomas para anunciar o Nadal vigués por distintas cidades de España, Europa e, por vez primeira, en Nova York. O alcalde anunciou que as luces se van acender dentro de dez días, o sábado 16, as oito da tarde, nun acto menos festivo do habitual por respecto aos damnificados pola DINA en Valencia | A Xunta asegura que os seus medios de predición están capacitados para alertar do nivel ao que poden chegar as inundacións con ata tres días de antelación. O sistema opera so na demarcación Galicia-Costa, que cubre un 40 por cento do territorio, mentres o resto e competencia do Goberno Central | Máis do 90 por cento dos ciberdelitos prodúcense debido á falta de información por parte dos usuarios. Así o advirten os expertos, que participan en Santiago no encontro galego de ciberseguridade. Reclaman campañas de concienciación, sobre todo para as persoas maiores, ainda que din que calquera pode caer na trampa | E hoxe imos coñecer a Bica, a primeira cadela da raza can de palleiro que presta servizo nas forzas e corpos de seguridade. Acaba de ingresar na garda civil para buscar desaparecidos, Un fito que pon de manifesto as virtudes dunha raza dedicada tradicionalmente ao coidado da casa no rural galego, pero que agora está en risco de extinción
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado