Escenas de ledicia e de cariño familiar, na casa de Becerreá en Lugo onde descansa xa Teresa Romero, a primeira persoa infectada de ébola, fóra de África.
Teresa dixo hoxe que xa puido comer o caldo e a empanada que lle preparou súa nai.
A Xunta destina 4 millóns de euros a un programa para reter a investigadores galegos. Ofreceralles contratos estables de 5 anos de duración.
En Consello tamén aprobou unha estratexia para a integración social da poboación xitana, con 90 medidas entre as que destaca mellorar a educación dos nenos deste colectivo
O 90% dos casos de violencia infantil son detecta dos polos profesionais sanitarios.
A Xunta e máis o consello galego de enfermaría preparan unha guía dirixida o persoal sanitario para actuar en caso de malos tratos infantís. (06/11/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano