Operación en Lugo contra o tráfico de droga | Malestar da Xunta co TSXG polos parques eolicos|O polbo, entre o máis roubado nos supermercados
07/03/2024 00:25:01Operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional contra o tráfico de drogas en Lugo. Hai once persoasdetidas, de nacionalidade dominicana, colombiana e española, acusadas de formar unha das redes máis activas de distribución de cocaína da provincia | A Xunta amosa o seu malestar coas decisións do Tribunal Superior de paralizar a tramitación de parques eólicos e pedir que a Xustiza europea se pronuncie sobre a sualegalidade. Rueda anuncia un recurso contra a suspensión cautelar de 13 proxectos e asegura que pode ter consecuencias graves para a industria galega|Os sistemas telemáticos están a ser utilizados para darllemaisseguridade a mulleres vítimas de violencia de xénero, e avisalas cando os seus agresores -con orde de afastamento- están a menos de cincocentos metros delas |O polbo figura entre os produtosmáissustraidos nos establecementos en Galicia, segundo un informe coñecidohoxe. Entre o que máis levan sen pasar polacaixa do supermercado destacan tamén os licores, artígos de afeitado e o aceite. 07-03-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado