Axuda escolar a Valencia dende Palas de Rei | Estratexia para reducir a exposición ao Radon | Galicia gaña 5.500 habitantes nos últimos tres meses
07/11/2024 00:24:31Material escolar, produtos de limpeza e xogos educativos. E o que reclaman dende os colexios que quedaron arrasados pola riada de Valencia. No colexio de Palas de Rei profesores e alumnos atenden o chamamento e abordan unha iniciativa solidaria de recollida, a que se están a unir dende outros centros da provincia de Lugo | Tenso enfrontamento hoxe, no pleno do concello de Vigo, entre os representantes do goberno municipal e os da oposición, a conta da reclamación de que as obras para conectar o AVE coa cidade de Porto estean rematadas para 2030. O alcalde Abel Caballero pedía ao PP e ao BNG que se disculpasen por anteriores posicionamentos para poder sumarse á iniciativa | A Xunta medirá os niveis de radon en centros sanitarios e educativos e fomentará o rexistro en vivendas e centros de traballo privados. E parte da estratexia para reducir a exposición a ese gas, un elemento radiactivo e que abunda na nosa comunidade, polo elevado contido en granito do subsolo e está considerado como unha das principais causas de cancro de pulmón | A poboación de Galicia suma máis de 5.000 novos residentes dos últimos tres meses. É o maior crecemento dende a crise económica de 2008, segundo os datos que hoxe publica o Instituto Nacional de Estatística. A evolución positiva débese á chegada de inmigrantes emigrantes retornados e descendentes que adquiren a nacionalidade
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado