A policía ampliou a Galicia a busca do home da parella sospeitosa de ter asasinado, en Oviedo, a un neno de dous anos, fillo da muller. El é orixinario da Coruña, e o seu nome é Daniel Fuentes Varela, segundo fontes da investigación. A busca dos dous céntrase na zona de Málaga, logo de que, perto de Oviedo, fora localizado o cadáver do neno, a principios de semana, ao carón dunha vía do tren.
Satisfacción na afección do celta e todo o mundo futbolístico galego, logo de que o xogador celeste Nolito fora convocado para o próximo partido da Selección, fronte a Bielorrusia.
19.000 familias numerosas en Galicia poderán beneficiarse de descontos no transporte metropolitano. Reducións dun 20% para as de tres fillos e ata o 50% para as que de cinco ou máis. (07/11/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano