Senteza de Samuel Luiz: 74 anos a catro culpables | O temporal de chuvia e vento deixa un regueiro de incidencias | Farmacias contra a gripe
08/01/2025 00:25:01Catro condenados finalmente polo asasinato de Samuel Luiz. A Audiencia da Coruña acaba de facer pública a sentenza, que condena aos tres homes maiores de idade e ao seu cómplice. Queda probada a motivación homófoba. A setencia impón 24 anos para o principal acusado, Diego Montaña; 20 para Alejandro Freire "Yumba", 20 anos e seis meses para Kaio Amaral polo roubo do móbil da víctima e 10 anos para Alejandro Míguez como cómplice. A única encausada, Katy Silva, queda absolta | O temporal de chuvia e vento deixa máis de 60 incidencias en Galicia nestas primeiras horas, coa provincia da Coruña, e concretamente a área de Santiago como a máis afectada | Unha rede 70 farmacias vai colaborar co Sergas para coñecer mellor a evolución dos contaxios das enfermidades respiratorias | Copa do Rei: O Celta medirase co Real Madrid no Bernabeu, o Pontevedra recibirá ao Xetafe e o Ourense ao Valencia
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado