Os mozos de ata 30 anos que están en paro poderán optar a un contrato de 1 a tres anos de duración nunha empresa. Un mínimo do 25% do seu contrato será de formación certificada. As empresas contratantes terán unha bonificación de ata o 100% das cotas á seguridade social. // Galicia pode manter durante os próximos sete anos o 60 por cento das axudas europeas que recibía ata agora. É a proposta do Consello Europeo, para evitar que as rexións que deixan de estar entre as máis pobres, como Galicia, perdan de golpe o apoio económico de Bruxelas. // 14.000 coches agardando embarque. É a terminal portuaria de Bouzas, en Vigo, que estes días presenta unha gran actividade de transporte de vehículos para a exportación. En España, en cambio, as vendas de coches seguen baixando. O Goberno acaba de aprobar axudas para os que cambien as furgonetas vellas por vehículos comerciais novos. (08/02/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano