Tres camións arderon, a pasada noite ao carón das instalacións da empresa leiteira Logística Alimentaria, en Outeiro de Rei, en Lugo. A Garda Civil investiga a autoría dos feitos. Nos últimos días un grupo de gandeiros protestaran, cos seus tractores diante desta factoría.
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, di que a súa formación Ferrol en Común, vai someter á votacion dunha asamblea dos seus afiliados a continuidade do pacto cos socialistas, cos que goberna en coalicion.
A policía nacional e a garda civil deteñen 13 persoas que integraban unha rede que traia cocaína a España en veleiros e camuflada en bombonas e baterías. A chamada operación contramaestre iniciouse en outubro de 2014 cando a policía nacional soubo de que o ía facer un grupo afincado en Galicia. (08/04/169
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano