2014 rematou con máis mortos nas estradas galegas, que no ano anterior. 112 persoas perderon a vida en accidentes de tráfico na nosa comunidade, 14 máis ca un ano antes. 17 deles, en atropelos.
A espectacular baixada do prezo do petróleo nos mercados internacionais estase a notar menos en Galicia que noutras comunidades. Aínda así, nas gasolineiras máis baratas de entre nós, supera.... por pouco o euro, e pódense lograr aforros de ata 10 euros por depósito, se se saben escoller as máis económicas.
A xunta aprobou o decreto que desenvolve a lei de convivencia nos centros educativos e que prohibe o uso de teléfonos móbiles ou aparellos electrónicos nas clases.
O Consello tamén destina 45 millóns de euros a actuacións de formación para 100 mil desempregados. (08/01/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano