A liberdade para viaxar por toda Galicia pon fin aos controis e xustificantes para desprazarse. Coa fase 3 da desescalada, que hoxe comeza, abren ximnasios e piscinas. Os establecementos de lecer nocturno estudian as medidas para poder funcionar a partir de xullo. Tamén se relaxan as restriccións na hostalería e se permite o uso de zonas comuns nos centros comerciais.
//O presidente da Xunta asume a xestión das normas da desescalada e propón que se autorice na próxima semana o intercambio de mobilidade coa comunidade de Asturias. Pide ao goberno central que permita a apertura de pasos fronteirizos co norte de Portugal e autorice vóos Internacionais dende Galicia.
//Cúmprense catro días consecutivos sen falecementos pola Covid-19. En Galicia os casos activos de son 200 menos que hai unha semana. Só un doente precisa coidados intensivos e 19 están ingresados noutras áreas hospitalarias. (08/06/20)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano