Galicia vai destinar os fondos que veñan de Europa ata o 2020 a sanidade, acuicultura, tecnoloxía ou a innovación das empresas.
Anunciouno esta mañá, en Bruxelas o Presidente da Xunta que arestora intervén ante o Comité de Rexións para explicar o investimento deses fondos
As oficinas municipais de Beade tiveron que trasladarse ás instalacións da Mancomunidade do Ribeiro, debido aos destrozos que causou o atentado sofrido na mañanciña de onte.
O Delegado do Goberno asegura que todas as pistas conducen a que o ataque terrorista foi obra de Resistencia Galega.
O poeta coruñés Manuel Álvarez Torneiro gañou o Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Educación e Cultura. O galardón foille outorgado pola súa obra en galego "Os ángulos da Brasa". (08/10/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano