O repunte nos casos de gripe ...está a facer aumentar os ingresos hospitalarios, que se incrementaron nun 10% con respecto ó habitual nestas datas. A situación obrigou no hospital de Ourense a abrir 106 camas máis e a pedirlle a 8 médicos que adiantasen a volta das vacacións.
A Coruña e Lugo son dúas das zonas onde operaba unha rede de tráfico de medicamentos para o cancro infantil, agora desarticulada. Foron detidas 49 persoas. Están acusadas de mover uns 40 millóns de euros adquirindo fármacos para revendelos noutros países europeos onde son mais caros.
O contrato logrado polo estaleiro publico de Navantia para que se constrúan en Ferrol 29 pezas para un parque eólico no Mar Báltico vai supor a entrada da industria galega... no sector enerxético de Alemaña. (09/01/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano