Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían en Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo, un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.
Aquí teñen ainda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares, do Partido Popular, que reunciaron a raiz de procesos xudiciais.
Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.
Comezou na Coruña o xuízo a 18 veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias. O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila. (09/06/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano