Renfe aumenta 7.500 novas prazas semanas no Eixo Atlántico | Primeiro día curso nas tuniversidades | As Meninas volven ao barrio ferrolán de Canido
09/09/2024 00:25:00Renfe oferta dende hoxe 7.500 prazas máis á semana nos trens rápidos de Media Distancia do eixo atlántico. Un aumento que consideran insuficiente as asociacións de usuarios. Critican tamén os atrasos provocados por avarías e fallos na aplicación para facer reservas en liña | Comenza o novo curso para cerca de 30.000 alumnos na universidade de Santiago, 13.000 na da Coruña e 19.000 na de Vigo asistían hoxe ao primeiro día de clase. O mércores tocaralle aos estudantes de primaria, ESO, Bacharelato e FP | Os 120 refuxiados instalados en Monterroso reciben apoio do equipo de fútbol local para colaborar a súa integración. A maioría veñen de Malí e chegaron en caiucos a Canarias. Fuxen da guerra e da pobreza nos seus países de orixe. Está previsto que queden varios meses aloxados nun hotel mentres aprenden español e se preparan para poder traballar aquí | As meninas continuan conquistando muros e fachadas do barrio ferrolán de Canido, convertido xa nun museo ao aire libre. A nova edición do certame, referente para o turismo, aposta por un menor número de obras por pola falta de espacio
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado