Primeira nevada en Pedrafita | O BNG pide amparo ao Constitucional | Volven os bonos Activa Comercio da Xunta | A ocupación supera o 80% na ponte
09/12/2024 00:25:02Primeira neve da tempada en Pedrafita do Cebreiro, coa cota situada arredor dos mil metros de altitude, que deixa algunhas incidencias no transporte e na asistencia aos centros escolares | O BNG pide amparo ao Tribunal Constitucional pola negativa do Partido Popular a que comparezan altos cargos, como o ex presidente Alberto Núñez Feijóo, na Comisión parlamentaria que investiga supostos contratos irregulares durante a pandemia e o sobrecuste do Álvaro Cunqueiro. Di que se están a vulnerar os dereitos dos deputados e acusa ao goberno popular de repartir 4.000 millóns de euros a dedo | Dende hoxe poden descargarse de novo os bonos activa comercio. A Xunta amplía o crédito con outros dous millóns e medio de euros, ante a alta demanda da actual convocatoria, que esgotou esa mesma contía en só dous días a primeiros de novembro. Agarda mobilizar máis de once millóns de euros en vendas en negocios de proximidade | A ocupación hoteleira superou en Galicia o 80% durante a ponte de decembro. Unha afluencia turística que tivo o seu principal reclamo en Vigo onde os establecementos hoteleiros colgaron o cartel de completo. E coas rúas ateigadas volven as queixas de grupos de veciños do centro da cidade, que din que os ruidos e a iluminación condicionan a sua vida cotiá
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado