O xuíz que instrúe o sumario polo accidente de tren de Angrois imputa a once directivos de Adif, no momento no que entrou en servizo a vía na que se produciu o sinistro. Son o Presidente , os membros do Consello de Administración e o Director da Seguridade na circulación naquel momento. O xuíz Aláez decide estas novas imputacións, logo dos informes dos peritos que analizaron as circunstancias do accidente.
En Galicia está en marcha dende 2007 un programa de Alerta Escolar que ten rexistrados a cerca de 3.000 nenos. Un programa pioneiro en España e que se puxo de actualidade polo caso do neno falecido en Madrid por un shock anafiláctico.
O Celta prepárase para recibir a un Madrid tocado logo de deixar escapar boa parte das súas opcións á Liga. Os vigueses só teñen a preocupación de quen vai ser o seu adestrador, o ano que vén, logo de asegurar a permanencia.
E o Deportivo tratará, ante o Alavés, de afianzar liderato e ascenso , se corrixe os erros que o levaron a tropezar ante Ponferradina e Lugo. (09/05/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano