Últimas horas nun Nadal de record en Vigo | 14.000 millóns de investimento do Goberno en Galicia | Mural candidato a mellor do mundo, en Fene
10/01/2025 00:25:02O Nadal de Vigo apura as últimas horas, antes do apagado final. O alcalde Abel Caballero asegura que este ano batíu o récord absoluto de visitantes, cunha ocupación hoteleira do 85 por cento | O Delegado do Goberno eleva a máis de 14.000 euros o investimento previsto polo executivo de Pedro Sánchez en Galicia durante este ano, a maior cantidade da historia | A Xunta anuncia dous millons de euros de axudas aos viticultores da Ribeira Sacra para contribuir ao mantemento dunha paisaxe singular que aspira a ser declarado patrimonio da Humanidade pola Unesco. As subvencións terán en conta a extensións dos viñedos | Un mural de Fene volve estar entre os 50 seleccionados para optar a "Mellor do mundo". Trátase da obra "Charanguista andino", do chileno Cristóbal Persona. Foi realizada en agosto durante o festival de arte urbana do concello. Ao seu realismo e a ampla gama de cores, súmase a mensaxe reivindicativa indíxena. 10-01-2025
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado