Comenza a matriculación nas universidades | Protesta de traballadores da automoción | Chegan a Vigo os buques grupo de combate Dédalo
10/07/2024 00:11:54Xornada de Primeiro chamamento á matriculación nas universidades galegas. As notas de corte para entrar nas distintas titulacións baixan lixeiramente respecto ao curso pasado, agás en medicina, con máis de 3.000 solicitudes procedentes de toda España, e de outros países, para 400 prazas | Rueda atribúe a suba do Canon de Sogama á entrada en vigor dunha normativa europea, decidida polo goberno central. Anuncia que nos primeiros cen días do seu novo goberno leva iniciada a construcción de 400 vivendas sociais, das 4.000 previstas para esta lexislatura | Traballadores da automoción concéntranse diante do edificio da Xunta, en Santiago, para protestar pola inestabilidade laboral nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ourense | Esta tarde quedará aberta ao público a exposición " A era das fábulas" no Museo de Pontevedra. Vencella fondos propios con obras das Fundacións Thyshen e María José Jove, e que pertencen a autores como Picasso, Kandinsky ou Miquel Barceló
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado