Novo curso con menos alumnos |O parlamento investigará contratos da Xunta contra o voto do PP | A ocupación turística acada o 80% no verán|
10/09/2024 00:24:14Concentración de país e nais en Lugo, contra do recorte de profesorado previsto nunha ducia de centros educativos da provincia, pese a que a Xunta anuncia para o curso que comenza mañá a contratación do maior número de profesores da historia. As Anpas piden que non se unifiquen aulas ante a caida do número de alumnos | O Parlamento crea unha comisión para investigar contratos da Xunta nos que a oposición sospeita de irregularidades, como o sobrecusto do Hospital Alvaro Cunqueiro, e os suscritos coa empresa Eulen, na que ocupa un posto directivo a irmá de Núñez Feijóo. Pese ao voto contrario do PP, o BNG activou o mecanismo que lle permite forzar a creación dunha comisión en cada lexislatura | A ocupación turística acadou un 80 por cento en Galicia, nos meses de xullo e agosto e algunhas zonas chegaron a rozar cen por cen. É o balance que que fai o sector tras unha temporada na que a nosa comunidade rexistrou un 75 por cento de turistas de orixe nacional | Hoxe imos coñecer unha das construccións relacionadas coa auga polas que a Ribeira Sacra aspira a ser declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade. É un neveiro, unha fábrica de xeo do século dezaseis, escavada a 1.200 metros de altitude na Serra de Cabeza de Meda, no concello de Xunqueira de Espadanedo. Foi abandonada hai 200 anos. Quedou á vista tras unha recente intervención arqueolóxica
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado