Aparece un cadaver nun contedor de cartón | Recorte de capturas no Gran Sol | Primeiro día da Coruña sen tren | Unha ollada á pobreza sen receos
10/12/2024 00:25:00A policía investiga a aparición dun cadáver nun contedor de cartón na planta de reciclaxe na Coruña. Trátase do corpo dun home de 41 años de nacionalidade marroquina, e con antecedentes policiais. Os traballadores da empresa que xestiona os residuos atopárono ao vaciar o depósito nas instalación | A frota do Gran Sol deberá reducir as capturas de pescada nun 20 por cento, o que supón uns oito millons de kilos. Así o contempla o pacto acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido, pendente de ser ratificado e Bruxelas, anque os científicos plantexaban un recorte maior. Os armadores amosan a súa preocupación | Comenza a funcionar na Coruña o dispositivo de 500 autobuses e un cento de taxis Para levar e traer ós viaxeiros, polo peche total da estación de Tren para as obras da Intermodal. Asociacións de usuarios critican un recorte de servizos que afecta sobre todo a estudantes e traballadores | No día internacional dos dereitos humanos, a fundación Érguete e a Valedora do Pobo poñen o foco na probreza e na vulnerabilidade. Presentan unha mostra de instantáneas captadas en pleno inverno en Vigo. Historias de supervivencia, de persoas que viven na rúa, para convidar a achegarse a esa realidade incómoda
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado