Buscan aos seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana, un pesqueiro de Muros que naufragou esta mañá fronte a costa asturiana. Salvamento maríritmo recuperou os corpos de dous mariñeiros, un deles muradán. Mentres continua hospitalizado en Áviles o único supervivinte, o patrón do arrastreiro tamén desta vila coruñesa // Desde hoxe tódolos profesionais de atención primaria poderán consultar por teléfono. Amplíase a pediatras, matronas, enfermeiros ou traballadores sociais este servizo, mediante o cal se fixeron xa 116.000 consultas cos médicos de cabeceira desde que se puxo en marcha en decembro // Ferrol centra os actos do Día da Clase Obreira Galega. No Institucional organizado polo Concello, con asistencia dos sindicatos UGT e Comisión Obreiras, un grupo de manifestantes interrompeu a intervención do Alcalde, con berros e protestas contra as políticas das administracións central, autonómica e local. 10/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano