Graves danos na factoría Fandicosta de Moaña, despois do incendio que arrasou máis da metade das súas instalacións. Queimou unha planta de transformación, e tres grandes cámaras frigoríficas nas que almacenaban máis de 8.000 toneladas de peixe conxelado // O xefe de protocolo da deputación de Lugo, Juan Carlos Fernández Pulpeiro declara ante a xuíza Pilar de Lara como investigado polos delitos de prevaricación, trafico de influencias, malversación, fraude e facilitación de información privilexiada // Tres anos de cárcere para o home acusado de tentativa de violación a unha peregrina e de agresión sexual a outra en maio e xullo do 2010 en Mazaricos. O acusado declarouse culpable e conseguiu unha rebaixa da pena, xa que inicialmente a fiscalía pedira oito ano e medio de prisión para él. 10/05/16
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano