A Xunta Electoral Central será quen decida sobre os prazos e pasos para que Agustín Hernández ocupe a alcaldía de Santiago, logo da renuncia de Ángel Currás. Hernández terá agora que deixar a consellería de Infraestructuras da Xunta e o escano no Parlamento // Os alumnos de cuarto e sexto de primaria terán, o ano que vén dúas horas de reforzo en matemáticas e os centros poderán destinar outras dúas ás materias nas que os alumnos floxeen máis. Tamén haberá media hora ao día, polo menos, adicada á lectura // Non recoller as deposicións dos cans está sancionado con multas de entre 750 e 1500 euros en Ourense. Unha sanción que pode chegar os 3000 euros se o fan en zonas de xogos infantís. Así está regulado na ordenanza de zonas verdes que o concello está a difundir entre os veciños para lembrárllelo. 10/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano