Os cinco responsables da seguridade no tramo de vía entre Ourense e Santiago terán que prestar declaración como imputados, diante do xuiz que instrúe o sumario polo accidente de Angrois // O Xuiz tamén pide os nomes dos seus antecesores e dos presidentes e vocais do Consello de Administración do ADIF, aos que tamén vai imputar coma presuntos responsables da falla de garantías para a circulación no tramo onde descarrilou o tren // Dentro dunha hora comeza na sede de Pescanova, en Chapela, unha reunión concovada polo Administrador Concursal, para organizar a Xunta de Accionistas de pasadomañá, na que se vai elexir o novo Consello de Administración da multinacional // Nas últimas horas intensificáronse os movimentos dentro do accionariado para preparar a decisiva cita do xoves. 10/09/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano